ANIMACIÓN Á LECTURA EN RADIO TUI


Os nenos e nenas de 5ºC recomendan o libro "Nena e o mar" escrito por Erica Esmoris Casais, e ilustrado por Dani Padrón. Está publicado por Xerais e foi premio Merlín no ano 2015.



A protagonista é a única nena dunha vella aldea. O seu pai, que é mariñeiro, sae tódolos días ao mar, pero un día ... non regresa.

Nena con valentía emprenderá nun pequeno bote unha viaxe temeraria e fantástica para rescatar ao seu pai e vivirá moitas aventuras. Queredes saber cales?