CERVANTES IV CENTENARIO


Celebramos o Día do Libro ...


cunha visita inesperada…


Tódolos nenos e nenas do colexio, desde infantil a sexto de primaria, estaban no patio dispostos a facer un intercambio de libros cando de súpeto…

Miguel de Cervantes (400 anos despois do seu falecemento) “apareceu”
 e contounos os episodios máis salientables da súa vida. 
Que sorpresa! 

Pero non estaba só! 
Viña acompañado dos protagonistas da súa obra máis coñecida: 
Don Quixote e Sancho Panza.


Tamén apareceu alguén que non se perde ninguna das actividades relacionadas cos libros: Lúa, a mascota da nosa biblioteca. Esta vez converteuse en Dulcinea, o gran amor de Don Quixote.


Todos xuntos recordáronnos a importancia de ter sempre un bo libro moi preto de nós.


Un grupo de nenos e nenas de quinto e sexto animaron o evento con música en vivo e cancións.


Despois todos e todas probamos a escribir con plumas coma nos tempos de Cervantes e comprobamos que non é nada doado. Menos mal que na actualidade temos lapis e bolígrafos! 


Pronto faremos  un mural con todo o que se escribiu!


Por último fomos a intercambiar os libros, que este ano estaban empaquetados para que realmente fosen coma  un agasallo sorpresa. 



Que ilusión! 
Todos e todas estabamos desexando ler!