TUI LE

Un ano máis tódolos colexios e institutos de Tui uníronse para celebrar o TUI LE. Este curso non foi posible no Día do Libro como é habitual por mor da chuvia, así que se pospuxo para o Día das Letras Galegas.
Cada colexio levou preparada unha actividade (música, recitado, contos, cancións, bailes, dramatización...) e intercambiou libros.

Estas son as nosas actuacións musicais: "Galicia", poema de Manuel María; e "No bico un cantar" de Curros Enríquez, cantados e tocados polos nenos e nenas de 6º de primaria.






Os nenos e nenas das tres clases de 5º presenciaron as actuacións e  logo todos, os de 5º e os de 6º, intercambiaron os seus libros con nenos e nenas doutros colexios.