Este curso todo o
colexio estivo traballando na horta ecolóxica.
Os nenos e nenas
de cuarto elexiron as acelgas como planta sobre a que investigar para logo
poder plantala e coidala. Cando remataron de recoller a información, analizárona,
seleccionárona e recompilárona en traballos
que titularon “Os cadernos da horta”.
Tamén decidiron,
empregando materiais reciclados, como cartón, plásticos, paus… e con axuda das
súas familias, construir ferramentas para poder preparar a terra e plantar as acelgas
na horta.
Despois fixeron unha exposición con todas elas.
Finalmente, no
salón de actos, compartiron cos compañeiros e compañeiras todo o que aprenderon.