Mostrando entradas con la etiqueta HORTA ESCOLAR. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta HORTA ESCOLAR. Mostrar todas las entradas

Inauguración do Proxecto 2022/2023

 

Benvidos nenas e nenos do CEIP Nº2


Estamos encantados de presentar o proxecto de centro que englobara o traballo de todos nós.

 

    Durante este ano, as actividades de centro irán encaminadas a contribuir á axenda 2030, preocupada por contribuir por un mundo mellor. 

 

    A sostenibilidade é cousa de todos polo tanto alumnos e alumnas como profesores e comunidade educativa, debemos contribuir a esta causa.

 

Neste link podedes consultar o acordo da Asamblea de Nacións Unidas en canto a sostebilidade.

Asamblea de ONU


Para presentar o proyecto o próximo día 24 de outubro tamén coincidindo co Día das bibliotecas realizaremos diferentes talleres no noso centro educativo. 

 

Os talleres iranse rotando e todos os nenos e nenas participarán nesta aposta do centro educativo.










Contaremos con talleres na horta, no salón de actos, nas zonas comúns de infantil, na aula de plástica, na aula de inglés e na biblioteca.


Ollo rapaces!!!! Na biblioteca agárdavos unha gran sorpresa. Unha nova personaxe da liga extraordinaria chegou para comezar con nós o proxecto de centro.
Pronto a coñeceredes!



A HORTA ESCOLAR

Os nenos e nenas de terceiro de primaria resumen neste traballo as actividades relacionadas coa horta que desenvolveron durante todo o curso.

A LÚA E A HORTA

Os nenos e nenas de quinto curso investigaron sobre a influencia da Lúa sobre as plantas. Cada fase lunar é propicia para unhas ou outras tarefas. Todo iso nolo contan neste mural que colocaron ao lado da porta da súa clase.


A HORTA ESCOLAR

Este curso todo o colexio estivo traballando na horta ecolóxica.

Os nenos e nenas de cuarto elexiron as acelgas como planta sobre a que investigar para logo poder plantala e coidala. Cando remataron de recoller a información, analizárona, seleccionárona  e recompilárona en traballos que titularon “Os cadernos da horta”.


Tamén decidiron, empregando materiais reciclados, como cartón, plásticos, paus… e con axuda das súas familias, construir ferramentas para poder preparar a terra e plantar as acelgas na horta. 


Despois fixeron unha exposición con todas elas.



Finalmente, no salón de actos, compartiron cos compañeiros e compañeiras todo o que aprenderon.


AS PLANTAS DA PAZ

Así floreceron nalgunhas portas as plantas, cuias sementes regalou Lúa a finais de xaneiro con motivo do "Día da Paz".


DÍA DE ROSALÍA

Estas son algunhas das FOLLAS NOVAS que lle sairon ás flores do noso mural colectivo.

(Preme enriba da imaxe se queres vela en grande)

 Agora está dedicado a Rosalía con bonitos versos que recordan o aprecio que todos e todas lle temos.



CULTIVANDO AMOR



  Así de bonito quedou o mural onde están as vosas mensaxes. 
Non deixedes de lelas.
Pero se vos fixades ben, ainda falta algo. 
Pronto Lúa vos pedirá axuda para completalo. 
Estade atentos/as.

A HORTA NA RÚA


Este curso Lúa animouse a participar no desfile de Entroido polas rúas de Tui xunto a tódolos nenos e nenas do colexio.


E non estaba soa!


Foi acompañada en todo momento pola súa avoa Manuela, a quen está moi unida.


Como non podía ser doutra maneira aproveitou a ocasión para facer publicidade da nosa horta ecolóxica e animou a tódolos presentes a plantar, a cultivar, a encher a cidade de hortas... 

Despois foise á biblioteca a seguir traballando. 

GRAZAS LÚA POR ACOMPAÑARNOS!

CARTA DE LÚA

Tódalas clases recibiron unha carta de Lúa cun agasallo moi especial: sementes de PAZLABRAS.


Agora Lúa espera que vos comprometades a coidar e facer medrar esta planta tan singular.

SEMANA DA TRADICIÓN ORAL

Na semana da Tradición Oral a biblioteca organizou un encontro entre varios grupos de avós e avoas e os nenos e nenas do colexio para que compartisen historias relacionadas co proxecto deste curso. Agora todos e todas sabemos moito máis sobre...  que, cando e como plantar na nosa horta, da man de verdadeiros/as expertos/as na agricultura ecolóxica.
MOITAS GRAZAS POR VIR!!!


QUEN QUERE AXUDARME?



Lúa inaugurou a biblioteca presentando o proxecto deste curso. Da súa man aprenderemos a cultivar nunha horta ecolóxica.
Lúa foi recibindo a tódolos nenos e nenas de primaria e contoulles as ideas que ten para poñer en marcha o proxecto. Despois foi xunto aos de infantil para que eles e elas tamén participen.
Deixounos este vídeo co que nos mostra como se preparou durante o verán para poder ser toda unha experta en plantas e así poder axudar a quen o necesite.


Lúa ademais trouxo un agasallo para cada clase. Eran varias sementes sobre as que hai que buscar información. Aquí tedes fotos da xornada que pasamos na biblioteca.