FELICES VACACIÓNS

O día 14 de xuño foi o Día Nacional Das Linguas de Signos Españolas. 
A lingua de signos chegou a este cole "plurilingüe" coa profe Marta hai catro anos e pouco a pouco a nosa biblioteca medrou coas súas adquisicións e os nenos e nenas aprenderon e divertíronse usándoa para comunicarse.  


Grazas Marta por todo o teu traballo e por  encher de cores o noso colexio !!!


Facendo clic sobre a imaxe encontraredes 
vocabulario básico sobre as VACACIÓNS en lingua de signos.
Bo verán a todos e todas!