VISITOUNOS ANA ULLA

















Así nos dedicou Ana Ulla un dos seus libros ao seu paso polo colexio:


"Hai unha teoría que di que no Universo hai moitos universos... Pode ser. 

Porque en Tui hai un universo especial que se chama Biblioteca do CEIP Nª2, onde a sabedoría e o coñecemento conviven con todos os/as habitantes deste lugar: nenos, nenas, profesoras, profesores, libros, cómics, asteroides, cometas, visitantes, exoplanetas... 

Este Universo-Biblioteca é fundamental, e sempre o será, para a evolución de todos quenes participan del. Por moitas xeracións por vir..."

Apertas, Ana.


Ana Ulla é doctora en Ciencias Físicas coa especialidade de Astrofísica e traballa coma Profesora Titular na Universidade de Vigo. "Desde el jardín, las estrellas" é a súa primeira novela.

Varias aulas estiveron lendo o libro, incluso os nenos e nenas de 6ºA xa nos falaron dela cando o curso pasado fixeron un programa de animación á lectura para a Radio Municipal de Tui (Se queredes escoitalo de novo, premede AQUÍ).

O mes pasado tivemos a sorte de que Ana poidese visitar o colexio e reunirse cos alumnos/as  de 4º, 5º e 6º. 

Contoulles moitas cousas sobre o libro e os plans que ten para el: sairá proximamente unha versión electrónica e tamén será traducido ao inglés. Ten pensado escribir outro novo que titulará "Desde el jardín, los planetas". 

Falou de que estudos hai que facer para converterse nunha especialista no Universo, de cales son as diferenzas entra Astronomía e Astrofísica, da rigurosidade do método científico, de persoas que fixeron descubrimentos importantes (tamén mulleres).. Destacou  o traballo dalgunha compañeira súa que está traballando na NASA. Ela mesma colabora na misión da Sonda Gaia da Axencia Espacial Europea (ESA) que vén de publicar recentemente un catálogo con máis de mil millóns de estrelas da nosa galaxia: A Vía Láctea. 

Houbo, por suposto, numerosas preguntas... O Universo é un tema que interesa moito.

Despois os nenos e nenas tiveron a oportunidade de xogar e experimentar: houbo proxección de constelacións con linternas, formación de cráteres como os da Lúa, reprodución do funcionamento dos buracos negros...

Ao final, Ana firmou exemplares do seu libro e todos/as quedamos encantados/as de ter a unha gran experta tan cerca de nós.