DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro, conmemórase en todo o mundo o Día Internacional en contra da Violencia de Xénero.

A cantante e gaitera Guadi Galego homenaxeou ás matriarcas galegas cunha canción dedicada ás mulleres que sobre as súas costas levan adiante non só as súas familias senón que sustentan a base de Galicia ( o país dos alalás..., o país de Breogán...) e nós desde aquí queremos cantar con elas á vez que recordamos a todos que estamos en contra da violencia de xénero.