ANIMACIÓN Á LECTURA EN RADIO TUI

Os nenos e nenas de 6ºB foron os encargados/as de facer o primeiro programa deste curso para a Radio Municipal de Tui.

Escolleron o libro "A galiña azul" de Carlos Casares, editado pola editorial Galaxia.
Carlos Casares será homenaxeado no Día das Letras Galegas o vindeiro ano 2017.

"A galiña azul" é un conto  no que un neno lle escribe unha carta a unha nena amiga, que se foi a vivir a outra vila. Nela recorda algúns episodios vividos por ela na infancia, entre os que destacan as historias de Leoncio, o inventor da bomba da Felicidade e do "papaio", unha lingua para falar cos paxaros. Pero o personaxe central é a Galiña Azul, unha galiña moi especial que, en vez de dicir cacaracá di cocorocó e ten cinco plumas encarnadas na á dereita, é dicir, "non é unha galiña como é debido".