DÍA DA MULLER

Celebramos o Día da Muller indo ao teatro da Área Panorámica. Alí estaba a compañía Ghazafelhos preparada para representar a obra "Iriña, a bailarina".

O espectáculo propoñíanos reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles e os esterotipos sociais.

A obra está basada no conto do mesmo nome da colección A Igualdade Conta de Edicións Embora.

A protagonista é unha bailarina que vive nunha caixa de música e que desexa saír e abandonar a súa rol habitual para poder xogar ao fútbol, ser pirata ou poder engordar. Remata conseguíndoo e comproba que os xogos non entenden de diferenzas de xénero.