DÍA DE ROSALÍA

O día 24 de febreiro foi o Día de Rosalía, pero como estabamos en plena festa do Entroido decidimos pospoñer a celebración uns días.

Este curso fixémolo dunha maneira moi especial: compartindo dúas xornadas de poesía cos anciáns e anciás da residencia San Telmo.

O primerio día un grupo  visitou o noso colexio e ao día seguinte fomos nós á residencia. 


Nos dous sitios tanto nenos coma maiores recitaron ou cantaron os versos de Rosalía e xuntos recordaron á escritora.


Unha vez máis os sorrisos estiveron presentes nas caras dos participantes neste intercambio tan enriquecedor e emotivo para todos e todas.