Un curso máis, esta vez no Teatro Municipal da Área Panorámica, tivo lugar unha nova edición do "Tui
Le", na que participamos xunto aos outros centros educativos do concello
de Tui.
Houbo cancións, bailes,
Kamishibai, dramatizacións, recitación de poesías, proxección de vídeos...
O noso centro participou coa
representación por parte do alumnado de sexto da obra de Carlos Casares “As
laranxas máis laranxas de tódalas laranxas “.
Tamén organizouse un
photocall onde os grupos de cada centro podían fotografarse debaixo unha
pancarta con alusións á VIII edición deste evento e a dúas efemérides
literarias: o centenario do nacemento de Gloria Fuertes e a dedicación do Día
das Letras a Carlos Casares.
Ademais fíxose unha exposición de carteis
elaborados en cada centro sobre a figura de Carlos Casares.
Outra das actividades foi o intercambio de libros entre o alumnado os distintos
centros educativos.