PROXECTOS PINTURA

Os nenos e nenas do colexio empezan con forza o traballo neste segundo trimestre. Velaí algúns exemplos.

O 4º nivel está traballando os pintores galegos e fixeron unha exposición coa vida e obra de autores tan renomeados coma Luis Seoane, Xoán Cabezas, Luis Davila, Jorge Peteiro ou Laxeiro.


O 5º nivel fixo unha exposición sobre a pintora galega Maruja Mallo, salientando tamén a súa vida e obra característica.


E os alumnos e alumnas do 2º nivel están traballando o postimpresionismo, estilo pictórico de finais do século XIX e principios do XX, destacando a autores coma Vicent Van Gogh, Paul Cézanne ou Paul Gauguin.

Felicidades a todos os nenos e nenas polos seus traballos!