Os nenos e nenas de 6ºB recomendan a lectura de libro titulado AVIÓNS
DE PAPEL de Xavier Estévez Ferreiro, publicado
por Xerais.
Esta é unha novela sobre a amizade de dous rapaces de 6º, Lucas
e Sara, que comparten o amor pola lectura e aos que lles gusta escribir, a el
historias e a ela poemas. A historia comeza nunha vila na que cando o reloxo da
igrexa daba as seis e media, unha das fiestras do noveno andar abriuse e un
avión de papel amarelo saíu voando, tecendo eses no ceo. O avión perdeu folgos
e estrelouse nun terrado de flores. Sería posible coñecer a persoa que se
dedicaba todas as tardes a lanzar un avión pola ventá? Grazas a ese avionciño
coñecéronse Lucas e Sara.
O libro
é moi divertido, con moitas aventuras… o alumnado de 6º invita a descubrir as
súas páxinas.