O ALUMNADO APRENDE A PINTAR

Este mes viñeron grandes pintores e pintoras para ensinar ao alumnado do centro as diferentes técnicas de pintura con motivo do noso Proxecto de Centro (PDI) sobre pintura. Realizáronse obradoiros de óleo, pasteis e acrílicos.

Belén Abalde, pintora viguesa, impartiu o obradoiro de pasteis ao alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria.


Antonio Abalde, pintor vigués, impartiu o obradoiro de óleo ás nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Primaria.


... e a pintora Eugenia Díaz encargouse de ensinar a técnica de pintura acrílica aos nenos e nenas de Infantil. As nenas e nenos de 6º colaboraron no obradoiro traballando cos máis pequenos.


O alumnado pasouno xenial, aprenderon moito e deixaron voar a súa creatividade. Parabéns para as nosas e nosos artistas!!