SOMOS CIENTÍFICAS E CIENTÍFICOS... NA BIBLIOTECA

Hoxe rematou na Biblioteca a celebración do Día da Ciencia. Durante toda a semana celebramos unhas xornadas con obradoiros sobre magnetismo, electricidade, robótica... As monitoras e monitores dos obradoiros foron o alumnado de 6ºC. Apuntáronse prácticamente todos os nenos e nenas de Primaria, converténdose a Biblioteca durante este días nun gran recuncho "Maker". Foi tal o éxito que sen dúbida volverémolo a repetir!!. Moitas grazas pola axuda a todas as nenas e nenos do centro.