A Biblioteca do
CEIP Nº2 de Tui organizou, unha vez máis, xunto coas bibliotecas do resto de
centros educativos de Tui e a Biblioteca Pública Municipal, a edición IX de TUI
LE 2018, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, dedicado á
escritora María Victoria Moreno. Para
iso as nenas e nenos do Nº2 construíron unha pancarta sobre a autora.
Hoxe no TUI LE, que
tivo lugar na Praza de San Fernando de Tui, puideron recitar poesía e compartir
unhas pezas musicais con todos os participantes dos demais colexios e
institutos. Os encargados e encargadas de representar ao CEIP Nº2 de Tui foron
as nenas e nenos de Educación Infantil e de 6º de Educación Primaria.