Na biblioteca celebraremos o Día da Poesía invitándovos non so a ler, senón tamén a crear os vosos poemas. Para elo preparamos unha actividade moi especial que decidimos chamar "CHOPOS DE POESÍA". Todos/as podedes deixar nos vasiños que atoparedes na porta da biblioteca os poemas que escribades e tamén podedes aproveitar para ler os dos demais.
Non o dubidedes!
Vinde "beber" literatura!
Canta máis mellor!
Algúns nenos e nenas xa empezaron...
Ademais durante toda a semana vindeira, durante os recreos, haberá recitado, por parte de alumnado voluntario na zona da biblioteca, que poderá ser escoitado tamén a través da megafonía do colexio.