
A protagonista da historia é unha nena que vai descubrindo os problemas do mundo real, acompañada sempre duha mazá de peluche coa que viaxa a través dos soños.
A perda de traballo por parte do seu pai fai que a vida da súa familia cambie por completo e teñan que marchar á aldea, e quedar na casa da avoa.
Na xuntanza a autora leu algúns anacos do libro, contou as razóns que a levaron a escribilo e contestou moitas preguntas.
Tamén firmou tódolos exemplares e deixou unha dedicatoria para Lúa e a Biblioteca.