ENTROIDO 19

Este curso o DEPORTE, un dos pilares fundamentais para poder levar unha vida feliz e saudable, foi o protagonista do Entroido.
Polo escenario que montamos no patio do colexio pasaron xogadores de polo, submarinistas, pilotos de Fórmula 1, levantadores de pesas, xogadores de birlos, surfistas, xinetes, árbitros de fútbol e practicantes de "parkour".
Tódolos grupos prepararon unha actuación para o resto do alumnado e  para as familias que nos quixeron acompañar.
Logo houbo unha "cuchipanda" con produtos propios desta época (filloas, orellas, flores, chulas...) e música e baile para rematar a festa.