AVISO! Bit está preparado para a troula e xa ten pensadas cales serán as ORDES desta semana para que a diversión e a alegría reine nestes días.
Quecendo motores para o Entroido
Neste vídeo podedes ver as tradicións de diferentes localidades de Galicia
Viva o Entroido!!!!
ENTROIDO 21
A compañía Cachirulo ofrécenos un espectáculo de rúa no que presenta, a través de vistosos monicreques de madeira, os diferentes Entroidos de Galicia. Neste ano no que non se pode celebrar esta festa, é unha boa maneira de achegarse ás nosas tradicións.
Non deixedes de facer este percorrido polos Entroidos máis significativos das catro provincias galegas: choqueiros (A Coruña), volantes (Chantada), o oso de Salcedo (Pobra de Brollón), mázcaras (Manzaneda), boteiros (Viana do Bolo), vellaróns (Castrelo de Cima, Riós), cigarróns (Verín), peliqueiros (Laza), vergalleiros (Sarreaus), pantallas (Xinzo de Limia), felos (Maceda), a Pita (Eiroás), troteiros (Bande), bonitas (Sande), merdeiros (Vigo), madamas e galáns (Cobres), Ravachol (Pontevedra)...
ENTROIDO 2020
ENTROIDO 19
ASÍ CELEBRAMOS O ENTROIDO
recollíamos alimentos para SOS Tomiño.
A cambio dos alimentos repartiron as pezas de barro que estiveron facendo tódolos nenos e nenas do colexio a semana anterior.
Estes agasallos foron feitos con moito cariño para agradecer a colaboración das familias.









