TEATRO EN INGLÉS

No teatro da Área Panorámica estiveron actuando un grupo de actores de "Interacting Theatre Academy", representando tres obras distintas dirixidas a público de diferentes idades:

- "Mr Bean", para Infantil.

- "Rap&Pan" e "Ghost Train", para Primaria.

Tódalas obras foron en lingua inglesa e permitiron aos nenos e nenas interactuar no espectáculo. Algúns puideron subir ao escenario e interpretaron diversos personaxes.

Para todos/as foi unha divertida e estupenda oportunidade de escoitar, e mesmo de falar ou cantar, en inglés.