Os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria asistiron á representación de Titiricircus", unha obra do grupo Tanxarina.
Os protagonistas eran dous vellos traballadores dun circo xa desaparecido que van recordando coa
axuda dunhas marionetas os números que facían diversos artistas:
- O forzudo Bigotini, o mellor levantador de pesas da península.
- O faquir Palindranat, que tamén encantaba serpes.
- O señor Tato, o malabarista máis divertido do mundo.
- O señor Venancio, habilísimo montador de monociclo.
O público foi invitado a participar
constantemente mentres se desenvolvía o espectáculo, e todos/as pasámolo moi ben.