XUNTANZA ERASMUS+ EN ITALIA


Durante a primeira semana de xuño, Adrián, o coordinador da nosa biblioteca, esta vez acompañado das profesoras Patricia e Raquel, representaron ao noso colexio no “ II Evento Conxunto de Formación do Profesorado”, que se celebrou en Varese (Italia).


Dito evento está incluído dentro do proxecto Erasmus+ 2018-2020 no que participa o noso centro “Promovendo estilos de vida felices e saudables”.

De novo xuntáronse varios docentes que pertencen ás escolas asociadas no proxecto:
· Colexio Christian Brothers 'Primary School Armagh (Irlanda do Norte- Reino Unido).
· Instituto Comprensivo Varese 2 (Varese-Italia).
· CEIP Nº9 Las Culturas (Alacante-España).
· Colexio Bunscoil Sancta Maria Synge Street (Dublín-Irlanda)  
· Agrupamento de Escolas da Zona Urbana da Figueira da Foz Portugal (Portugal).

O noso compañeiro e compañeiras visitaron a escolas Bosco-Canziani e a escola Pascoli, de Varese, e fixeron actividades actividades deportivas cos nenos e nenas italianos/as e tamén estiveron nas aulas. 


Ademais houbo tempo para reunións co profesorado para organizar o curso que ven, e saídas para coñecer a localidade e o seu entorno.

Unha vez máis a viaxe foi unha experiencia moi proveitosa e enriquecedora.
A próxima xuntanza será en Dublín no mes de outubro.