A VOLTA AO MUNDO DE LÚA



Este curso Lúa vai dar a volta ao mundo pasando primeiro polos países que traballan connosco no Erasmus+, e continuará a viaxe por diversas zonas do planeta.

Por suposto, para conseguir a súa meta conta cos vosos "pasiños".

Xa sabedes que tódolos días tedes que facer alomenos unha milla. Este curso sumaremos as distancias percorridas por todas as clases e iremos coñecendo que fai cada país ao que cheguemos, para ter unha vida máis feliz e saudable.



Coincidindo coa Semana Europea de Deporte inaugurouse o Circuíto da Milla e cada clase pensou nunha maneira orixinal de percorrelo: andando, saltando, correndo, bailando...

Lúa está supercontenta polo voso entusiasmo
 e vos anima a facer deporte cada día.