XUNTANZA ERASMUS+ EN IRLANDA


Durante a segunda semana de outubro, Ramiro, xefe de estudos do noso colexio, acompañado do profesor Xosé e da profesora Raquel, representaron ao noso centro no "III Evento Conxunto de Formación do Profesorado", que se celebrou en Dublín (Irlanda).

A xuntanza está incluída no proxecto Erasmus+ 2018-2020 no que participa o noso centro "Promovendo estilos de vida felices e saudables"

De novo xuntáronse varios docentes que pertencen ás escolas asociadas no proxecto:
· Colexio Christian Brothers 'Primary School Armagh (Irlanda do Norte- Reino Unido).
· Instituto Comprensivo Varese 2 (Varese-Italia).
· CEIP Nº9 Las Culturas (Alacante-España).
· Colexio Bunscoil Sancta Maria Synge Street (Dublín-Irlanda)  
· Agrupamento de Escolas da Zona Urbana da Figueira da Foz Portugal (Portugal).

Os nosos compañeiros/as visitaron esta vez a escola Bunscoil Sancta María Synge Street de Dublín, e participaron en actividades deportivas como a práctica dun deporte de orixe celta chamado "hurling".




Ademais, estiveron preparando as distintas actividades sobre "mindfulness, alimentación saudable e actividade deportiva" que se desenvolverán este curso; e tamén coordinar as viaxes que realizará o alumnado de cada centro para coñecer as diferentes escolas.

O noso centro visitará Torrevieja e alí reunirase cos nenos e nenas do colexio "Las Culturas" e cos nenos e nenas procedentes de Varese (Italia).

O colexio de Torrevieja devolveranos a visita, esta vez acompañado do alumnado de Figueira da Foz (Portugal).

Unha vez máis os nosos compañeiros e a nosa compañeira viñeron encantados da viaxe e das experiencias vividas.

A próxima xuntanza, e última deste proxecto, será no mes de xuño en Torrevieja (Alacante).