PROMOVENDO UN ESTILO DE VIDA SAUDABLE E FELIZ


Inauguramos o proxecto Erasmus+ este curso con dous talleres encamiñados a mellorar o noso estilo de vida.




Un foi un taller de NUTRICIÓN, onde unha nutricionista explicou aos nenos e nenas as pautas a seguir para ter unha alimentación saudable.








Tamén ensinoulles que teñen que facer para converterse, cada un, no "nutricionista" da súa familia...

... e a ser críticos coas mensaxes enganosas que, a través da publicidade, mandan algunhas das marcas comerciais, animando a consumir produtos que teñan pouco ou nada saudable.

O segundo taller foi de "MINDFULNESS".

Dúas especialistas nesta disciplina practicaron cos nenos e nenas que é iso de de "estar aquí e agora", coma podemos estar conscientemente no presente e coma podemos usar esta capacidade que temos todos os seres humanos para relaxarnos ante calquera situación ou en calquera momento do día.