XORNADAS ERASMUS+ EN SANTIAGO

O Centro Autonómico de Formación e Innovación de Galicia (CAFI) invitounos a participar nas Xornadas ERASMUS+ para relatar a nosa experiencia neste tipo de proxectos.

As nosas compañeiras Raquel e Patricia, foron as encargadas de representar ao noso colexio en Santiago e compartir cos docentes presentes as vicisitudes deste novo reto no que se embarcou o noso centro durante os curso 2018-19 e 2019-20.

Estamos moi satisfeitos dos resultados acadados ata agora e con moitas forzas para seguir traballando nesta dirección. 



Tamén estamos encantados de poder compartilo.