
Para levar a cabo a actividade, entregounos catro siluetas de muller que os nenos e nenas encargáronse de vestir. En cada traxe escribiron mensaxes positivas que poñen en valor a figura feminina e nos fan pensar nun mundo mellor, máis igualitario e sen violencia.
Este foi o fantástico resultado:
Agora serán entregadas ao Concello, para que xunto ás feitas nos outros centros educativos, sexan expostas nun lugar público co fin de que a cidadanía poida soñar da man dos nenos e nenas cun futuro sen violencia de xénero.
Posteriormente serán doadas ao comercio e á hostelería de Tui para que continúen expostas nos diferentes locais.