DÍA DA INFANCIA

Cada ano, no día 20 de novembro, celébrase o Día Universal dos Dereitos da Infancia.

Este curso propoñémovos que miredes o vídeo "La lección más grande del mundo"... e faledes sobre os ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable).

Os ODS son unha serie de obxectivos cos que se comprometeron todos os países, entre outras cousas, para poñer fin á pobreza extrema, loitar contra a desigualdade e a inxustiza, e facer fronte ao cambio climático de aquí a 2030. 

Se se cumpren estes obxectivos poderase garantir a saúde, a seguridade e o futuro do planeta para todos/as. Pero moi especialmente, os grandes beneficiados serán os nenos e nenas, pois o seu futuro depende das decisións que se tomen no presente.



Lúa pensa que vós xa facedes moitas cousas pero...
Se vos ocurren novas ideas?
Contádelle a Lúa cales son ...