Este curso a BOA ALIMENTACIÓN, outro dos
pilares fundamentais para poder levar unha vida feliz e saudable, foi a
protagonista do Entroido.
Polas rúas de Tui desfilaron cociñeiros/as,
panadeiros/as, froitas, hortalizas, cereais... animando aos veciños/as da nosa
cidade a concienciarse de que unha alimentación variada e rica en produtos
vexetais é imprescindible para ter boa saúde.
Logo houbo unha "cuchipanda" con
postres propios desta época (filloas, orellas, flores, chulas...) e música e
baile para rematar a festa.