DÍA DO LIBRO 2021

Pola mañá, ao mediodía, pola tarde, antes de durmir...

Calquera momento é bo para gozar da lectura! 

De aventuras, de medo, de risa, de misterio, de viaxes, de ciencia, de animais, de arte, de xogos, de experimentos, de receitas...

Cantos temas para elixir!

No xardín, na habitación, na terraza, no salón, no parque, no monte, ao lado da piscina, na praia, na beira dun río, de acampada, xunto ao mar...

Calquera lugar é bo para ler! 

Nun banco, nunha cadeira, nun sillón, no sofá, na cama, no chan, nunhas escaleiras, sobre a area, enriba da herba, sentado nunha rama...

Ponte cómodo/a!

Só ou soa, en grupo, con mamá, con papá, cos avós, cos irmáns, cos amigos/as, coas mascotas, cos peluches...

Acompañados/as ou en solitario, 

nenas e nenos, 

non deixedes de ler! 

E agora mirade neste vídeo que sitios lle gustan aos vosos/as compañeiros/as e aos vosos profesores/as para desfrutar da compañía dun bo libro.