INSTALACIÓN NO DÍA DO LIBRO EN INFANTIL

Os nenos e nenas de Infantil, o día 23 de abril, Día do Libro, tiñan unha sorpresa no salón de actos.
Alí atoparon unhas caixas con forma de conto, que escondían no seu interior, ademais dos propios contos, varias maneiras de  representalos: títeres, puzzles, peluches...
Todas e todos abriron as caixas-libro moi emocionadas/os e ademais de ler ou mirar as ilustracións, xogaron con todo o que había dentro. 
Cando remataban coa caixa elixida, recollían os obxectos, e exploraban outras caixas, tantas veces coma quixeran...
Lectura e xogo... xogo e lectura... Dúas actividades que van da man nestes primeiros anos de escola.