DÍA DA MULLER

Continuando co desenvolvemento do noso proxecto Erasmus+, que potencia a vida saudable e feliz, o equipo de deporte do colexio quere compartir con todos nós este vídeo, onde algunhas das moitas mulleres deportistas de Tui nos falan da súa experiencia e dos seus logros, tanto no ámbito deportivo, coma humano e social. 

Escoitalas con moita atención, pois os seus consellos son unha gran lección de vida e merece a pena seguilos.