A "SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA" é unha conmemoración que aparece cada curso no Calendario Escolar de Galicia co fin de integrar os medios de comunicación nos centros educativos.
O uso de
xornais na escola ten múltiples vantaxes:
- Axudan a mellorar o nivel de lectura…
- O alumnado aprende a buscar e a seleccionar información, a lela con espírito crítico…
- Os contidos son, cada día, sobre temas moi variados…
- O seu uso posibilita a entrada do mundo real nas aulas…
- Pódese empregar en calquera nivel ou etapa educativa…
- Ademais, serve para utilizar coma recurso en calquera das materias do currículo para transformalo e deixar desenvolver a creatividade sen límite das nenas e dos nenos.
Aquí tedes algúns exemplos do uso dos xornais en diferentes aulas do noso colexio: