DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe conmemoramos o Día Internacional da Muller.

Ser muller no mundo non é sinxelo. En moitos países nos se respectan os seus dereitos. Noutros teñen que facer un esforzo extra para que se recoñeza o seu talento...

É unha situación totalmente inxusta que debemos cambiar xa.

As nenas e nenos do noso colexio buscaron información sobre algunhas  mulleres pioneiras, independentes, loitadoras, que conseguiron abrir camiños...

Entre elas están as que aparecen neste vídeo. Todas destacaron en diferentes épocas e en diferentes ámbitos, por traballar pola igualdade e pola participación activa das mulleres na construción e no desenvolvemento da sociedade.