DÍA DE ROSALÍA 2021

No Día de Rosalía, para achegarse á figura da gran escritora galega, montouse unha instalación artística no ximnasio do colexio.


As instalacións artísticas son creacións efémeras que convidan a observar, a pensar, a dar novos significados ás cousas, a manipular…

Estas obras de arte realmente están completas cando os alumnos/as forman parte delas, porque están convidados a interactuar con creación artística e a moverse libremente dentro dela.

Foi a profe Ana, do noso equipo da biblioteca, a que montou o escenario coa intencionalidade de celebrar o aniversario de Rosalía de Castro.


Pero foron os nenos e nenas os que se entregaron entusiasmados/as á posibilidade infinita de xogo e de movemento, observando en primeiro lugar, interpretando despois, entrando en interacción cos materiais e transformando finalmente a instalación.














Outra das actividades para homenaxear a Rosalía de Castro foi a gravación, organizada polo equipo de Normalización Lingüística, do recitado do poema "Adiós ríos, adiós fontes" a ritmo de RAP no que participaron tódolos nenos e nenas do colexio.

Podedes ver o vídeo AQUÍ.