ENTRELAZOS DA MEMORIA

A profe Ana, do noso equipo da biblioteca, en colaboración con outras mestras da bisbarra, creou, en Tomiño, unha instalación artístico-pedagóxica titulada "Entrelazos da memoria".

Os nenos e nenas de Infantil do noso colexio participaron nesta actividade coloreando paxaros que formaron parte desta orixinal instalación, inspirada nos “Paxaros faladores” de Xela Arias.

O traballo das mestras xurdiu da súa investigación constante na procura de novas formas de educar. Neste caso utilizaron imaxes da obra da escritora como símbolos para traballar co alumnado outras maneiras de entender fóra da palabra, mostrando unha vez máis as infinitas posibilidades que ten a arte como medio de expresión na escola.