Día da Muller

 O pasado 8 de marzo de 2023, conmemoramos o Día da Muller.

Un día de revolución no que as alumnas e alumnos de sexto fixeron un manifesto en pro da igualdade de xénero. 

O resto do alumnado do noso centro acompañou este manifesto cantando ao unísono a canción "Chea de Vida", un momento máxico que nos marabillou a todos.

Tamén as nenas e nenos de educación infantil fixeron presentación das mulleres importantes da súa vida.