Semana da prensa

    Para conmemorar a Semana da Prensa reaparece ás portas da nosa biblioteca

 " O quiosco do 2".

   


    Nesta ocasión nenos e nenas do noso cole buscan en diferentes períodicos noticias relacionados cos Obxectivos de desenvolvemento sostible, facendo presente o proxecto de centro que este ano encarrila as nosas actividades. 

 


    Os nenos e nenas celebraron a Semana da Prensa con actividades moi orixinais. Dedicáronlle un tempiño aos periódicos para buscar noticias, letras, imaxes. Algúns cursos fixeron os seus propios periódicos, dedicados ás mulleres importantes das súas vidas, dado que coincidía co Día da muller. Outros crearon titulares tolos, recortando unha fotografía dun periódico que acompañaron cun titular completamente diferente ó que tiña.