Este ano, polo día do libro, organizamos unha actividade moi chula
para disfrutar todos xuntos: LECTURAS COMPARTIDAS.
Alumnxs e profes reunímonos no patio para compartir un momento de lectura ao aire libre. Nenos e nenas trouxeron das súas casas libros que intercambiaron e que leron uns aos outros. Os máis pequenos xuntáronse de novo cos seus padriños e madriñas, disfrutaron dos seus mimos, da súa atención e das súas lecturas neste día. Dentro das aulas tamén xurdiron actividades e xogos moi orixinais cos libros como protagonistas.