Este venres os alumnos de 1º e 2º A participaron no XIV "TUI Le", unha xornada de actividades organizada anualmente polas bibliotecas escolares xunto coa Biblioteca Municipal tudense.
O punto de encontro era a carpa instalada no Paseo da Corredoira, alí disfrutaron das actividades e da presenza de Bea Campos, co seu espectáculo "As palabras perdidas".
Aquí tedes o mural de Fernando Fernández del Riego (escritor homenaxeado nas Letras Galegas 2023), no que todo o centro colaboramos.