ROTEIRO CINÉFILO-LITERARIO POLA ALDEA DE CANS

 


ENCONTRO DO NOSO ALUMNADO DE 4º DE E.P 

COA ESCRITORA GALEGA IRIA MISA

 

Nenos e nenas de 4º estiveron lendo libro de Iria Misa,

 

"Excurisión a Cans. Unha veciña de pelicula" 

 

e nestos días reuníronse con ela na aldea de Cans 


para realizar un roteiro cinéfilo-literario.



    A actividade permitiulles descubrir os espazos reais nos que trancorre a trama da novela, ambientada durante o famoso Festival de Cans. Ao longo do percorrido visitaron o Torreiro das Estrelas, o Can de Pedra e o Muro dos Chimpíns, escenarios que o alumnado recoñeceu por formar parte da historia lida na aula.




GRACIAS IRIA!!!