O noso centro participou un ano máis na xornada do Tui-Le, ese día especial no que moitos colexios da zona xuntámonos para celebrar a lectura dun xeito diferente.
A mañá estivo dedicada ao intercambio de libros, os nenos e nenas trouxeron os seus contos da casa para darlles unha segunda vida e leváronse novas historias que descubrir.
Tamén desfrutamos do espectáculo "Ollo ao piollo", a cargo da compañía *Barafunda*. O humor, a música e o xogo co público engancharon a maiores e pequenos.
Para pechar a xornada, levamos o noso cartel conmemorativo dos *800 anos da Catedral de Tui*. Foi unha maneira de sumármonos a esta celebración tan importante para a nosa cidade e de que o alumnado se sentise parte da historia local.
Xornadas como o Tui-Le recórdannos que a lectura medra cando se comparte.
