Esta mañá tivemos na biblioteca a *Manuel Solla*, narrador oral, actor, pedagogo teatral e contacontos galego de referencia nos espectáculos familiares e infantís.
As risas dos nenos e nenas de Infantil escoitábanse en cada recuncho mentres seguían as fazañas das marionetas que acompañaban a Manuel. Velos atentos, sorprendidos e participando das historias que narraba, entre toques de maxia e música, foi un verdadeiro agasallo. Grazas a visitas como esta, a biblioteca convértese nun lugar vivo onde as historias cobran vida.


