LÚA VISITA O COLEXIO


O luns, Lúa, a mascota da nosa biblioteca, visitou por primeira vez en persoa, o colexio. Estivo toda a mañá na biblioteca recibindo a tódolos nenos e nenas de primaria e estaba tan contenta que trouxo unha morea de agasallos para todo o mundo: agasallos para os nenos e nenas, agasallos para os profesores e profesoras, agasallos para as familias ... e tamén quixo facerse fotos con todos (cando teñamos tempo publicarémolas).

Pero Lúa ademais tiña moito interese en que se coñeza moi ben como está organizada a biblioteca e animou a usala tanto nas horas de clase como no recreo e polas tardes.

O martes volveu ao colexio e recibiu a tódolos nenos e nenas de infantil e xuntos pasárono moi ben falando de contos e doutros libros onde poden aprender moitas cousas. Lúa tamén espera que a visiten na biblioteca  e vaille mandar libros moi bonitos para as súas aulas.

MOITAS GRAZAS, LÚA, POLA TÚA VISITA!