CONTOS ANIMADOS

Os nenos e as nenas das clases de Infantil de 5 anos tódalas semanas levan contos á súa casa e fan unha actividade que lles propoñen as súas profesoras. Son contos da biblioteca de cada aula e na casa contan coa axuda das familias para realizar xuntos a actividade que levan co conto. Neste mes de abril quixeron compartir con todos o seu traballo e montaron unha exposición na porta da biblioteca. Coma sempre Lúa está encantada de estar rodeada de cousas tan bonitas, pero sobre todo encántalle que aos nenos e nenas  lles guste ler e facer traballos relacionados cos libros.

Noraboa a todos: 
nenos, nenas, "profes" e familias!