"TUI LE" NA TVGA



A Televisión de Galicia estivo na Praza de San Fernando facendo unha reportaxe da actividade "TUI LE" na que participamos tódolos colexios e institutos do Concello de Tui e as Bibliotecas Públicas de Tui e Valença.
Cando conectaron en directo co programa "Bos días" entrevistaron a Paulo e a Ruth, alumnos do terceiro ciclo no noso colexio. Cada un deles falou dos libros que escolleron para levar a súa casa e de cando e por qué len.

Unhas horas despois era o programa "A revista" o que conectaba en directo e entrevistaba a alumnos do segundo ciclo que nese momento facían o intercambio de libros. Ao fondo algúns dos seus compañeiros estaban recitando un poema de Rosalía.