CONTACONTOS EN INFANTIL

A editorial Kalandraka estivo no colexio facendo unha sesión de animación á lectura nas clases de infantil.

Presentáronlles dous contos: O soño de Matías, de Leo Lionni e O artista que pintou un cabalo azul, de Eric Carle .

A través destes libros e das actividades que realizaron os animadores,  os nenos e nenas achegáronse ao mundo da arte e puideron comprobar como pode axudar a cambiar a realidade.