ANIMACIÓN Á LECTURA EN RADIO TUI

O noso colexio participa por quinta vez neste curso no programa de animación á lectura emitido pola Radio Municipal de Tui. Os alumnos e alumnas de 5ºB foron os encargados de preparalo.
Eles recomendan a lectura de “El amuleto Yoruba” escrito por Juan Miguel Sanchez Vigil e publicado pola editorial Alfaguara. 
O libro conta a historia dun neno  africano que chega a España nunha patera e sinte medo, fame e tristeza, pero consegue superalos  facendo moitos amigos.
O programa foi emitido hoxe no horario habitual. Escóitaos agora de novo!!!